A actividade "Cambiando o Conto", que desenvolve a entidade Aventeira, está dirixido ao alumnado de 6º da ESO para que mediante o xogo e representación de contos populares poidan analizar e comprender mellor as sobre as relacións que se dan entre homes e mulleres.
Nunha segunda sesión se elaboran as infografías CAMBIANDO O CONTO de cada clase para as familias.
- As nenas de 6ºA queren que as princesas se salven soas ou que salvaran elas ao príncipe o os nenos queren cambiar que non precisen ser tan guapos e elegantes.
- As nenas de 6ºB insisten na idea que non precisan ser salvadas e os nenos non queren ter que ser tan fortes e perfectos.
- As nenas de 6ºC queren aparecer como mais fortes e valentes e vestir e peinar como elas queren e casar con quen elas queiran o elexir non casar con ninguén, mentras que os nenos tamén propoñen entre outras cousas que poidan ser más sensibles e non ter que ser valentes todo o tempo.
Moi interesantes todas estas ideas. Tedes as infografías completas en Imaxes
Posteriormente o resultado destas reflexións e aprendizaxes será presentado polo propio alumnado ás entidades Asociación Xuvenil Marcha e Down Ourense.